Fabiola Gianotti
Fabiola Gianotti, nada en Roma o 29 de outubro de 1960,[1] é unha física de partículas italiana e a primeira muller en ser a directora xeral do CERN de Xenebra.[2][3] O seu mandato comezou o 1 de xaneiro de 2016 e ten unha duración de cinco anos. Na 195ª sesión, o Consello do CERN escolleu a Fabiola Gianotti como a próxima Directora Xeral da Organización para unha segunda sesión de mandato. O nomeamento formalizarase na sesión do Consello en decembro, e o novo mandato de cinco anos de Gianotti comezará o 1 de xaneiro de 2021 e continuará até o 2025. Esta é a primeira vez na historia do CERN que un Director Xeral é escollido para un segundo mandato.[4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla dun xeólogo natural de Asti e dunha experta en literatura siciliana, aos sete anos trasladouse coa súa familia de Roma a Milán, onde estudou na escola secundaria Tommaseo e na escola secundaria das Ursulinas.[5] A lectura da biografía de Marie Curie e a explicación de Albert Einstein sobre o efecto fotoeléctrico achegárona aos temas científicos e, en particular, á física,[6] na que se licenciou cunha especialidade en física subnuclear en 1984 na Universidade Estatal de Milán. No mesmo ano, comezou a realizar estudos de doutoramento en investigación sobre partículas elementais trala atribución do Premio Nobel a Carlo Rubbia.[5] O devandito traballo tratou a análise dos datos do experimento UA2.[7]
Comezou a formar parte do CERN en 1987 traballando en varios experimentos, incluíndo UA2 no Super Proton Synchrotron (SPS) e ALEPH en LEP, precursor do Gran colisor de hadróns. En 1990, comezou a estudar o argon líquido. En febreiro de 1992, participou no experimento ATLAS, que contou coa colaboración de máis de 3000 expertos, na súa maioría físicos de 38 países de todo o mundo, e é considerado o maior experimento científico realizado nunca.[8] Despois de ser coordinadora de 1999 a 2003, elixida polos seus compañeiros e compañeiras, retomou este posto dende 2009 ata 2013.[9] Como voceira de ATLAS, o 4 de xullo de 2012 anunciou no auditorio do CERN, xunto con Joseph Incandela, voceiro do experimento CMS, a primeira observación dunha partícula compatible co bosón de Higgs.[10]
Forma parte do comité asesor de física en Fermilab nos Estados Unidos[11] e da Accademia dei Lincei para a clase de ciencias físicas.[1] Dende 2013, é profesora honorífica na Universidade de Edimburgo.[12]
No 2013 participou na película documental Particle Fever.
O 4 de novembro de 2014 foi seleccionada polo consello do CERN, na súa 173ª sesión, para o cargo de directora xeral, converténdose na primeira muller en recibir esta designación.[13] Dende o 1 de xaneiro de 2016 é oficialmente a nova directora xeral do CERN.[14]
No 2017 foi invitada a unirse formar parte do Grupo Bidelberg.[15] O 6 de novembro de 2019 foi seleccionada polo consello do CERN, na súa 195ª sesión, para un segundo mandato como directora xeral. Foi a primeira vez na historia do CERN na que se volve elixir a mesma persoa para un segundo mandato. Gianotti liderará o centro de investigación ata 2025.
Vida privada
[editar | editar a fonte]Fixo a carreira de piano no Conservatorio de Milán,[16] e ademais practicou ballet.
Declarouse crente. Tamén afirmou que o estudo da natureza leva ao ser humano a pensar nun intelecto ordenador: "O que vexo na natureza, a súa sinxeleza, a súa elegancia, achéganme á idea dunha mente intelixente que ordena".[17] Noutra entrevista respondeu: "Si, creo. A ciencia é compatible coa fe e non hai contradicións. O importante é separar os dous ámbitos: ser crentes ou non crentes, a física non nos dará unha resposta".[18]
Recoñecementos profesionais
[editar | editar a fonte]O 7 de decembro de 2012, o Concello de Milán outorgoulle o premio Ambrogino d'oro.[19]
O 11 de decembro de 2012 compartiu o Premio de Física Fundamental con outros galardoados.[20][21]
A revista Time clasificouna no quinto lugar na clasificación de Persoas do ano 2012. O primeiro posto foi concedido ao presidente Obama.[22][23]
En 2013 fóronlle asignados:
- o Premio Nonino, coa seguinte motivación: "O Premio Nonino premia nela a excelencia dunha investigación que ten un potencial inmenso, pero que por desgraza a miúdo é humillada no noso país".[24]
- o premio Enrico Fermi da Sociedade Italiana de Física.
No mesmo ano situárona no septuaxésimo oitavo lugar da lista das 100 mulleres máis poderosas do mundo segundo a revista Forbes.[25][26] Dedicáronlle un asteroide, 214819 Gianotti.[27]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Accademia Nazionale dei Lincei (ed.). "Scheda del socio - Fabiola Gianotti". Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2014. Consultado o 26 de xaneiro de 2013.
- ↑ "Fabiola Gianotti signs her contract as CERN's new Director-General". CERN Bulletin. Consultado o 28 de agosto de 2015.
- ↑ Castelvecchi, Davide (2014). "Higgs hunter will be CERN's first female director: Italian physicist Fabiola Gianotti will take the reins at the European physics powerhouse in 2016.". Nature. doi:10.1038/nature.2014.16287.
- ↑ home.cern/news, ed. (6 de novembro de 2019). "CERN Council appoints Fabiola Gianotti for second term of office as CERN Director General". Consultado o 12 de marzo de 2020.
- ↑ 5,0 5,1 Maria Accettura (4 de novembro de 2014). "Fabiola Gianotti è la prima donna a dirigere il Cern". D - la Repubblica delle donne. Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2017. Consultado o 13 de novembro de 2014.
- ↑ Luca Fraioli (22 de decembro de 2012). la Repubblica, ed. "La signora delle Scienze. Fabiola Gianotti si racconta". Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2012. Consultado o 7 de novembro de 2019.
- ↑ CERN (ed.). "Dr Fabiola Gianotti: Brief Curriculum Vitae" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2012. Consultado o 26 de xaneiro de 2013.
- ↑ Anil Ananthaswamy (25 de febreiro de 2009). New Scientist, ed. "The woman in charge of the world's biggest experiment" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2016. Consultado o 7 de novembro de 2019.
- ↑ Elena Dusi; Viola Rita (8 de outubro de 2013). la Repubblica, ed. "Nobel al Bosone, applausi e champagne. Tonelli: "Che gioia". Gianotti: "Pelle d'oca"". Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2019. Consultado o 7 de novembro de 2019.
- ↑ Ian Sample (4 de xullo de 2012). "Higgs boson: it's unofficial! Cern scientists discover missing particle". The Guardian (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2013. Consultado o 7 de novembro de 2019.
- ↑ GMC Giuseppe Marra Communications (ed.). "L'Italiana Fabiola Gianotti Spokesperson di Atlas al Cern". Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2012. Consultado o 26 de xaneiro de 2013.
- ↑ School of Physics and Astronomy - The University of Edinburgh, ed. (15 de agosto de 2013). "Fabiola Gianotti appointed Honorary Professor" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2013. Consultado o 7 de novembro de 2019.
- ↑ CERN, ed. (4 de novembro de 2014). "CERN Council selects next Director-General" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 7 de novembro de 2019.
- ↑ Gianfranco Goria (2 de xaneiro de 2016). afNews, ed. "Complimenti e buon lavoro a Fabiola Gianotti!". Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2016. Consultado o 7 de novembro de 2019.
- ↑ Grupo Bilderberg, ed. (1-4 de xuño de 2017). "Participants 2017" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2019. Consultado o 7 de novembro de 2019.
- ↑ CERN, ed. (16 de abril de 2008). "The Large Hadron Collider runs on woman power" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2012. Consultado o 26 de xaneiro de 2013.
- ↑ Gli Scritti, ed. (21 de decembro de 2014). "Fabiola Gianotti, l’italiana nominata direttore generale del Cern di Ginevra sull’eleganza della natura e l’esistenza di Dio, in un’intervista di Giovanni Minoli". Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2017. Consultado o 8 de novembro de 2019.
- ↑ Unione Cristiani Cattolici Razionali, ed. (17 de xaneiro de 2015). "Fabiola Gianotti: «Io credo in Dio, scienza e fede sono compatibili»". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2017. Consultado o 8 de novembro de 2019.
- ↑ Comune di Milano, ed. (13 de novembro de 2012). "Ecco i 63 nomi dei premiati". Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2014. Consultado o 8 de novembro de 2019.
- ↑ Fundamental Physics Prize, ed. (11 de decembro de 2012). "Fundamental Physics Prize - News" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2013. Consultado o 26 de xaneiro de 2013.
- ↑ Nicola Nosengo (14 de decembro de 2012). "Fundamental Physics Prize, ecco i vincitori". Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2017. Consultado o 16 de decembro de 2012.
- ↑ la Repubblica.it (ed.). "Time, Barack Obama persona dell'anno 2012". Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2013. Consultado o 26 de xaneiro de 2013.
- ↑ Time, ed. (19 de decembro de 2012). "Runner-Up: Fabiola Gianotti, the Discoverer" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2015. Consultado o 26 de xaneiro de 2013.
- ↑ Nonino Distillatori S.p.A (ed.). "1975-2013 Premio Nonino – trentottesimo anno". Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2013. Consultado o 26 de xaneiro de 2013.
- ↑ ANSA (ed.). "La fisica Fabiola Gianotti tra le 100 donne più potenti del 2013". Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2017. Consultado o 24 de maio de 2013.
- ↑ Il Tempo, ed. (23 de maio de 2013). "Miuccia Prada e Fabiola Gianotti tra le donne più potenti del mondo". Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2017. Consultado o 8 de novembro de 2019.
- ↑ Minor Planet Center, ed. (22 de xullo de 2013). "MINOR PLANET CIRCULARS/MINOR PLANETS AND COMETS" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (pdf) o 04 de novembro de 2013. Consultado o 8 de novembro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fabiola Gianotti |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Fabiola Gianotti na IMDb (en inglés).